Como podedes ver, o outro día a biblioteca converteuse nun restaurante. Puxemos manteis de papel nos que debuxamos os servicios para comer, platos, culleres, tenedores..., decoramos as mesas con flores feitas por nós con materiais de refugallo e ademáis fixemos unhas cartas cun menú especial. O menú era o seguinte:
Primeiro plato:
- Os Bolechas á plancha.
-Potaxe de xerais.
Segundo plato:
-Kalandrakas en salsa de vieira.
- A Nosa Terra con cachelos.
Postre:
- Os contos da rata Luísa con pepitas de chocolate e xeado de vainilla.
Pasámolo xenial, a Sara facía de camareira, cun delantal e unha bandexa e nós íamoslle pedindo os nosos menús, que ela anotaba na súa libretiña.
Despois de ler todos os libros, debuxamos o mantel ó noso gusto, fixemos debuxos dos libros e tamén pintamos comidas nos platos, sobre todo Dani, que se pasou o día debuxando salchichas e patacas fritas e a nós...nos entaba unha fame!!!.
4 comentarios:
q siga o blog
Gracias Víctor por facer o comentario, pareces ser tí o único que segues entrando no blog. De todas maneiras, tes a contraseña, así que cando queiras podes aportar algo, xa sabes libre de insultos, palabras malsoantes e demais, xa me entendes...non é por nada pero todavía me debes un aparatiño deses que contan canta xente entrou no blog, asíque xa sabes...Bueno amigo, que vaia ben e sigue visitándonos!!!
De eso nada,yo y mucha gente más entramos a menudo, aunque no hagamos comentarios. Como dice Víctor ¡¡ hay que seguir!!.
Muchas gracias Iria por hacer este verano tan estupendo para nuestros hijos.
Aurora.
Cando teñas o aparatiño ese daraste conta de que aquí entramos moitos máis dos que parecen, o mesmo nos pasa a nós, moitas visitas pero pucas mensaxes, as veces da un pouco de vertixe... pero logo pola rúa falas con xente e daste conta de que entran a miúdo. Será porque somos un pouco vagos, polo medo a falar "en público", porque hai moito troll, ou porque moitas veces non se sabe que dicir... pero ANIMO que do outro lado hai vida
Publicar un comentario