Encántanos xogar á goma, e divertidísimoooo.
E como vedes...estamos feitos uns forzudos de tanto tirar da corda.
Como brincas Antiocha!! Que guapa María Vaia modelazos




As princesiñas, namoradas de Harry Potter. Será só coincidencia que naceran o mesmo día do mesmo ano????
As princesiñas, namoradas de Harry Potter. Será só coincidencia que naceran o mesmo día do mesmo ano????
Álvaro xogando ó balón. Que pena que non veña todos os días, pasámolo moi ben con él, así que se o les, anímate e vén ó castelo.
E os xogos de corda non faltan día a día, de eso xa se encarga a Celia, que ata nos fai saltar no prado, sempre di: ¡A última vez porfisssssssssssss, que eu hoxe saltei moi pouco!!!.
Pero non só xogan á corda, tamén son uns grandes lectores. Cada día levan un libro novo e fan debuxos do mesmo, das personaxes, inventan historias...
Esto sí que é o Castro en Acción, esto sí que é empezar ben o día. Estes rapaces son xeniais!!!
Todas as mañás de verán vimos nenos nenas ó castelo estudar, xogar e pasalo ben .Divertímonos moito. Xa se ve na cara que temos nas fotos. Escribimos unha obra de teatro, que imos interpretar entre todos e todas. Esta obra ademáis, escribímola nun libro xigante con forma de torre da homenaxe, que podedes pasar a ver cando queirades á biblioteca do castelo.