O día 17 celebráronse no noso pobo as xornadas de folclore. Todos nos gustaron moito, pero a moitos de nós os que máis nos gustaron foron os cubanos porque eran moi animados e porque cantaron a canción Guantanemera, que todos sabiamos e cantamos con eles. Ademáis rimos moito ca tola da Paula que mentres o grupo actuaba, facía a mellor coreografía que te poidas imaxinar, con "mariposeo" e todo. Outro grupo que nos encantou foron os serbios, que daban cada chimpo que "pa' que". Tiñan un ritmo xenial.
Unha anécdoa que non esqueceremos é cando a un dos rapaces de Cuba saltoulle voando unha das chaclas que levaba e seguir bailando descalzo e, cando lle parecía que ninguén o via, intentou recuperala.
En definitiva, pasámolo moi ben, porque o castelo é un lugar auténtico para este tipo de actuacións.
3 comentarios:
A min había anos que non me gustaban tanto. A parte do espectacular de Serbia, quédome con Bolívia.
pasamolo moi ben eu tamen son das que me gustou cuba
Bolivia foi a peor cuba serbia e china mandarina foron os mellores.
Publicar un comentario