jueves, 7 de agosto de 2008

A obra de teatro

Entre todos os nenos e nenas que asistimos ó castelo, inventamos unha obra de teatro, que estamos ensaiando. A obra trata dunhas nenas que están escondidas no castelo de Castro Caldelas porque están fuxindo da súa nai, que as quere levar a vivir a un lugar moi afastado onde non coñecen a ninguén. No castelo deben pasar desapercibidas de Dona Narcisa, a dona, que se se decata de que están alí agochadas, pódese armar unha moi boa.
O final da obra non o imos a contar aquí, pois esperamos tela moi ben aprendida para que poidades ver que ben a interpretamos. Non vos preocupedes, xa vos invitaremos ó estreo da gran obra!!.

2 comentarios:

MAIS CARGADA DE BOMBO dijo...

Eu fágovos unha proposta: cando a estrenedes cobrade unha entrada, non moi cara, e co que saquedes podedes facer unha merenda ou algo.

ALTAZOR TEMBLOR DE CIELO dijo...

Eu estou dacordo con todo: con que estrenedes a obra para que a poidamos ver (si necesitades axuda, xa sabedes donde ando) e que cobredes unha entradiña para facer a merendola. Por certo, si se poden facer peticións para o estreno, que sexa antes de septembro, porfa!!!!

Powered By Blogger

Datos personales