jueves, 7 de agosto de 2008
O libro dos disparates
Outra actividade que estamos facendo no castelo é o libro dos disparates. Consiste escribir unha historia, seguindo unhas palabras escritas nun folio que nos deu Iria e que son iguais para todos: nun....vivía...que...un día...pero...e...Despois recortamos o folio por debaixo de cada raia e, cas historias de todos, facemos un libro, cunhas portadas feitas por nós. Cando o rematamos, empezamos a ler un anaco dunha historia, pero como están recortadas, levantamos e pasámonos a outra, despois a outra....e así, vai saíndo unha historia disparatada que nos fai moita gracia.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Moi boa idea, poderiades publicar algunha desas historias disparatadas no blog para que as lésemos todos ¿non?
Acabo de reler todo o blog e non sei por qué estabades tan agobiados hoxe a mañá. Está xenial, as fotos quedaron moi chulas cos comentarios que lles puxestes. Subirei máis veces para ver o ben que o pasades e xogar un pouco á goma e a comba. Está claro que o Víctor é o crak dos blogs, jeje.
Publicar un comentario