viernes, 31 de julio de 2009
miércoles, 29 de julio de 2009
DE NOVO EN ACCIÓN!!!!
viernes, 19 de septiembre de 2008
Verbena en Caldelas
O prometido é deuda, así que, xa ves Patricia, metín no blog a foto da vosa actuación coa orquesta Ledicia. Supoño que estaredes un pouco tristes porque non se ve moi ben ó cantante, pero é a única foto que teño, así que polo menos tedes un recordo do voso salto á fama. Espero que vos guste e, desde aquí invito a todo aquel que teña unha foto do cantante a que nola envíe, pois todas as mociñas caldelás perderon a cabeza por este rapaciño!!
jueves, 18 de septiembre de 2008
Restaurante na biblioteca
Como podedes ver, o outro día a biblioteca converteuse nun restaurante. Puxemos manteis de papel nos que debuxamos os servicios para comer, platos, culleres, tenedores..., decoramos as mesas con flores feitas por nós con materiais de refugallo e ademáis fixemos unhas cartas cun menú especial. O menú era o seguinte:
Primeiro plato:
- Os Bolechas á plancha.
-Potaxe de xerais.
Segundo plato:
-Kalandrakas en salsa de vieira.
- A Nosa Terra con cachelos.
Postre:
- Os contos da rata Luísa con pepitas de chocolate e xeado de vainilla.
Pasámolo xenial, a Sara facía de camareira, cun delantal e unha bandexa e nós íamoslle pedindo os nosos menús, que ela anotaba na súa libretiña.
Despois de ler todos os libros, debuxamos o mantel ó noso gusto, fixemos debuxos dos libros e tamén pintamos comidas nos platos, sobre todo Dani, que se pasou o día debuxando salchichas e patacas fritas e a nós...nos entaba unha fame!!!.
martes, 26 de agosto de 2008
Taller de maquillaxe e....¡Festa pirata!
O outro día fixemos outro xogo de pistas, pero este máis largo, Iria deixounos polo menos 10 pistas, cada unha nun sitio do Castro, algunas algo lonxe, como a da fonte da estrela, que foi a que máis nos costou atopar. O tesouro estaba agochado no que nós chamamos o "carto escuro" da biblioteca, que é unha habitación onde se garda todo o material e onde tamén hai algún libro. Este tesouro consistía nun paquete de caramelos e tamén nun libro de piratas para ler. Despois, de ler o libro fixemos unha festa pirata, disfrazámonos, fixemos un decálogo cas normas que hai que guardar na biblioteca (e colgámolo na parede), e pintámonos cicatrices, barbas e parches.
Mañá imos continuar ca festa, imos facer unha bandeira para o noso barco pirata, empregando unha sábana vella, un pau, pinturas e pinceis e imos aprender a facer espadas con globos de globoflexia, xa vos mostraremos as fotos.
O mellor de todo é que agora, desde o día que fixemos a festa pirata, queremos pintarnos todos os días, pintámonos os uns ós outros e a Iria tamén a pintamos, píntámoslle barbas e de todo, é xenial.
O colillómetro
Os nenos e nenas do Castro estamos levando a cabo unha actividade que consiste en recoller as colillas que tira a xente no casco antigo da nosa vila. Cada día saímos polas rúas cunha luva de plástico nunha man para recoller as colillas do chan. As colillas ímolas xuntando en botellas de plástico pequenas e, cando xa temos un montón delas, imos ó Centro Comarcal xunto Dori, que foi a que nos deu esta marabillosa idea (graciñas Dori) e entregámoslle todo o recollido. Ela méteas no colillómetro, que é unha garrafa moi grande para ver ata onde somos capaces de chegar. Nós cremos que en poco xa o imos ter cheo porque na primeira saída, aínda que foi curta, xuntamos unha chea delas.
O mellor de todo: os caramelos que nos deu Niní.
O peor: que hai un montón de colillas. Desde aquí pedimos ós adultos que apaguen os cigarrillos e despois os tiren nos contenedores, eso sí, ben apagadiños.
jueves, 21 de agosto de 2008
Xogo: adiviña a personaxe
Gústanos un montón xogar a este xogo. Iria escribe un montón de personaxes variadas, deportistas, actores ou actrices, debuxos animados ou calquer personaxe coñecida. A nós por exemplo nos ten tocado sin chan, Rafa Nadal, Harry Potter...Despois, Iria peganos un papel na frente no que está escrito o nome da personaxe, sen que nós o vexamos. Así empeza o xogo, e, seguindo o turno, podemos facer unha pregunta ata adiviñar quen somos, pero hai unha dificultade, só podes facer unha pregunta que se responda con sí ou non, por exemplo: son home?, son muller?, non se pode preguntar ¿son home ou muller?...
Este xogo non ten idade, probádeo, é xenial, riste un montón cando ves as personaxes que lle tocan os compañeiros escritas na súa frente, é simpatiquísimo. O malo é que ás veces se nos escapan os nomes das personaxes dos compañeiros e temos que volver a empezar de novo.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)