martes, 26 de agosto de 2008

Taller de maquillaxe e....¡Festa pirata!


O outro día fixemos outro xogo de pistas, pero este máis largo, Iria deixounos polo menos 10 pistas, cada unha nun sitio do Castro, algunas algo lonxe, como a da fonte da estrela, que foi a que máis nos costou atopar. O tesouro estaba agochado no que nós chamamos o "carto escuro" da biblioteca, que é unha habitación onde se garda todo o material e onde tamén hai algún libro. Este tesouro consistía nun paquete de caramelos e tamén nun libro de piratas para ler. Despois, de ler o libro fixemos unha festa pirata, disfrazámonos, fixemos un decálogo cas normas que hai que guardar na biblioteca (e colgámolo na parede), e pintámonos cicatrices, barbas e parches.

Mañá imos continuar ca festa, imos facer unha bandeira para o noso barco pirata, empregando unha sábana vella, un pau, pinturas e pinceis e imos aprender a facer espadas con globos de globoflexia, xa vos mostraremos as fotos.

O mellor de todo é que agora, desde o día que fixemos a festa pirata, queremos pintarnos todos os días, pintámonos os uns ós outros e a Iria tamén a pintamos, píntámoslle barbas e de todo, é xenial.

2 comentarios:

SarA y pOliNe dijo...

oo moi bonitoo o das pistasss e o de maquillarseee ee aver si nos enseñas esas fotos das espadas bueno comentade en www.nuestrochico.blogspot.com

peke dijo...

e que conste que a maquilladora era eu (a Patricia) que ven o pasamos cairia e contodos os pequechos( celia, laura, ana, dani ...) E eu unha delas que ven o pasei con todos.

Powered By Blogger

Datos personales