martes, 26 de agosto de 2008

Taller de maquillaxe e....¡Festa pirata!


O outro día fixemos outro xogo de pistas, pero este máis largo, Iria deixounos polo menos 10 pistas, cada unha nun sitio do Castro, algunas algo lonxe, como a da fonte da estrela, que foi a que máis nos costou atopar. O tesouro estaba agochado no que nós chamamos o "carto escuro" da biblioteca, que é unha habitación onde se garda todo o material e onde tamén hai algún libro. Este tesouro consistía nun paquete de caramelos e tamén nun libro de piratas para ler. Despois, de ler o libro fixemos unha festa pirata, disfrazámonos, fixemos un decálogo cas normas que hai que guardar na biblioteca (e colgámolo na parede), e pintámonos cicatrices, barbas e parches.

Mañá imos continuar ca festa, imos facer unha bandeira para o noso barco pirata, empregando unha sábana vella, un pau, pinturas e pinceis e imos aprender a facer espadas con globos de globoflexia, xa vos mostraremos as fotos.

O mellor de todo é que agora, desde o día que fixemos a festa pirata, queremos pintarnos todos os días, pintámonos os uns ós outros e a Iria tamén a pintamos, píntámoslle barbas e de todo, é xenial.

O colillómetro


Os nenos e nenas do Castro estamos levando a cabo unha actividade que consiste en recoller as colillas que tira a xente no casco antigo da nosa vila. Cada día saímos polas rúas cunha luva de plástico nunha man para recoller as colillas do chan. As colillas ímolas xuntando en botellas de plástico pequenas e, cando xa temos un montón delas, imos ó Centro Comarcal xunto Dori, que foi a que nos deu esta marabillosa idea (graciñas Dori) e entregámoslle todo o recollido. Ela méteas no colillómetro, que é unha garrafa moi grande para ver ata onde somos capaces de chegar. Nós cremos que en poco xa o imos ter cheo porque na primeira saída, aínda que foi curta, xuntamos unha chea delas.

O mellor de todo: os caramelos que nos deu Niní.

O peor: que hai un montón de colillas. Desde aquí pedimos ós adultos que apaguen os cigarrillos e despois os tiren nos contenedores, eso sí, ben apagadiños.

jueves, 21 de agosto de 2008

Xogo: adiviña a personaxe


Gústanos un montón xogar a este xogo. Iria escribe un montón de personaxes variadas, deportistas, actores ou actrices, debuxos animados ou calquer personaxe coñecida. A nós por exemplo nos ten tocado sin chan, Rafa Nadal, Harry Potter...Despois, Iria peganos un papel na frente no que está escrito o nome da personaxe, sen que nós o vexamos. Así empeza o xogo, e, seguindo o turno, podemos facer unha pregunta ata adiviñar quen somos, pero hai unha dificultade, só podes facer unha pregunta que se responda con sí ou non, por exemplo: son home?, son muller?, non se pode preguntar ¿son home ou muller?...
Este xogo non ten idade, probádeo, é xenial, riste un montón cando ves as personaxes que lle tocan os compañeiros escritas na súa frente, é simpatiquísimo. O malo é que ás veces se nos escapan os nomes das personaxes dos compañeiros e temos que volver a empezar de novo.

As nosas manualidades


O outro día fixemos unha manualidade moi bonita, un monicreque. Para facelo empregamos cartolinas, lá, fío, palliñas, papel de seda e pegamento. Foi un pouquichiño complicada, pero bueno...esperamos que vos guste o resultado.

O cespino


Querémosvos ensinar o noso cespino. Trátase dunha manualidade que fixemos todos, cada un o seu. Precísase unha media vella, un pouco de alpiste, botóns, lá, fío, agulla e terra. Cóllese a media e no fondo ponse un pouquiño alpiste, despois enches a media cun pouquiño de terra e fas un nudo para que non caiga a terra. Cortas a media que sobra e, despois de darlle forma redondeada, fas as orellas e o nariz, pellizcando unha pouca terra da media e atando con fio. Por último coses os ollos, que son os botóns e con lá vermella fas a foca. Agora só queda esperar a que lle medre o pelo o teu cespino e para eso tes que poñelo nun platiño con auga cadá día e nuns cantos días xa terás o teu boneco con pelo e llo poderás cortar.

Xornadas de Folclore





O día 17 celebráronse no noso pobo as xornadas de folclore. Todos nos gustaron moito, pero a moitos de nós os que máis nos gustaron foron os cubanos porque eran moi animados e porque cantaron a canción Guantanemera, que todos sabiamos e cantamos con eles. Ademáis rimos moito ca tola da Paula que mentres o grupo actuaba, facía a mellor coreografía que te poidas imaxinar, con "mariposeo" e todo. Outro grupo que nos encantou foron os serbios, que daban cada chimpo que "pa' que". Tiñan un ritmo xenial.

Unha anécdoa que non esqueceremos é cando a un dos rapaces de Cuba saltoulle voando unha das chaclas que levaba e seguir bailando descalzo e, cando lle parecía que ninguén o via, intentou recuperala.

En definitiva, pasámolo moi ben, porque o castelo é un lugar auténtico para este tipo de actuacións.






viernes, 8 de agosto de 2008

Felicidadeeeeeeeeeeeeeeeeeeeeees Aida!!!!!!


Mañá sábado é o cumpleanos de Aida e nós desde aquí queriamos felicitar a nosa compañeira. Ela todavía non o sabe, pero fixémoslle unha coroa e decoramos a biblioteca con bandeiras como as que facemos para as festas do noso pobo. As bandeiras fixémolas ás agachadas para que ela non nos descubrira. Ademais na porta da entrada puxemos un cartel que pon "Felicidades Aida", e o máis bonito de todo é que estamos facendo un libro para llo regalar. Facémolo entre todos e na portada pon: felicidades Aida, os teus amigos acordámonos de ti no teu cumple e por dentro, hai un debuxo de cada un de nós adicado para Aida. Ah, e na portada metemos tamén unha foto de todos nós, para que se acorde sempre deste día.

jueves, 7 de agosto de 2008

O libro dos disparates

Outra actividade que estamos facendo no castelo é o libro dos disparates. Consiste escribir unha historia, seguindo unhas palabras escritas nun folio que nos deu Iria e que son iguais para todos: nun....vivía...que...un día...pero...e...Despois recortamos o folio por debaixo de cada raia e, cas historias de todos, facemos un libro, cunhas portadas feitas por nós. Cando o rematamos, empezamos a ler un anaco dunha historia, pero como están recortadas, levantamos e pasámonos a outra, despois a outra....e así, vai saíndo unha historia disparatada que nos fai moita gracia.

A obra de teatro

Entre todos os nenos e nenas que asistimos ó castelo, inventamos unha obra de teatro, que estamos ensaiando. A obra trata dunhas nenas que están escondidas no castelo de Castro Caldelas porque están fuxindo da súa nai, que as quere levar a vivir a un lugar moi afastado onde non coñecen a ninguén. No castelo deben pasar desapercibidas de Dona Narcisa, a dona, que se se decata de que están alí agochadas, pódese armar unha moi boa.
O final da obra non o imos a contar aquí, pois esperamos tela moi ben aprendida para que poidades ver que ben a interpretamos. Non vos preocupedes, xa vos invitaremos ó estreo da gran obra!!.

O pontelouco

O outro día no noso pobo, celebrouse un festival, "O Pontelouco". Á noite houbo concertos no castelo e polo día tivemos un montón de actividades para os nenos. Xogamos ás carreiras de sacos, ás carretillas, ás carreiras de ovos, á turra soga..., despois vimos uns títeres moi simpáticos e tamén un monólogo. ademáis, había feira de artesanía e podías mercar pulseiras chulas e camisetas do ponte louco. Nós, xa temos unha gran colección porque as mercamos todos os anos. Pasámolo xenial, xa queremos que chegue outra vez.

miércoles, 6 de agosto de 2008

XOGO DE PISTAS

O outro día, fixemos un xogo de pistas, que consistía en atopar un tesouro. As pistas estaban escondidas por todo o Castro. As gañadoras do xogo foron Aida, Raquel, "María da Ubi" e "Laura do Milucho". O premio agochábase no Centro Comarcal e era un libro que se titulaba "O manual das bruxas". as gañadoras levárono á biblioteca e despois fixemos entre todos unha brevaxe máxica aportando entre todos distintos ingredintes como: pelos de sapo, rabo de lagartixa, dente de cabalo, anca de ra... que, entre todos e todas decidimos que nos serviría para nos facer invisibles.
Powered By Blogger

Datos personales